Máis de cen persoas se congregan na xornada sobre o sector gandeiro de UU.AA.

Unións Agrarias celebrou hoxe no pazo de San Marcos as súas xornadas sobre o sector gandeiro. Co título Perspectivas do Sector Gandeiro de Vacún de Carne, conseguiu congregar a un cento de persoas que participaron nesta iniciativa, na que se trataron os problemas que atravesan as 5.000 explotacións de vacún de carne que hai na provincia e que representan o 55% das existentes en Galicia, pois estas ascende ás 9.000; así como as reclamacións que se deben facer para a supervivencia deste sector.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García González,  clausuraron este xoves a xornada. O Presidente destacou que “vemos como dende o ano 2010 o consumo de carne de vacún baixou nun 20%; como o prezo da carne é o mesmo que nos anos 90; que as axudas ao sector dende as administracións responsables, Goberno Central e a Xunta de Galicia, recórtanse ano tras ano; ou como os fondos dende a Unión Europea, como os da PAC, se poden reducir a partires de 2020, pois xa o dan por feito”.

“Hoxe é evidente que tedes menos ingresos que hai anos e máis custos, dificultando o mantemento das vosas explotacións, o relevo xeracional e, en xeral, a dinamización da economía da nosa provincia. O panorama non parece optimista, pero non podemos tirar a toalla, todo o contrario. Os que realmente cremos no rural temos que pelexar xuntos para vivir del e nel, reclamando ás institucións responsables a urxente aplicación de medidas que fortalezan ao sector”, destacou Campos.

Neste senso, explicou que “onte no Congreso aprobouse unha proposición non de Lei que presentou o Partido Socialista para que que non tribute, para que non teñades que pagar aínda máis impostos, no pago do IRPF, polo cambio de titularidade dunha explotación, cando non hai ningún beneficio. Por exemplo, cando unha persoa se xubila e lle pasa a titularidade da explotación a un fillo ou ao seu conxugue”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com