Máis de dous mil douscentos alumnos de sexto de primaria da nosa provincia están chamados hoxe a realizar a proba de avaliación de sexto de primaria, a coñecida como reválida que instaurou a Lomce.
Dita proba causou un forte rexeitamento entre Anpas e sindicatos que, como xa acontecera anteriormente, chamaron ás nais e pais a boicotear dita proba e a non levar hoxe aos nenos a clase. De momento non hai datos de seguemento. A reválida comezou hoxe pero as probas extenderanse durante o xoves e o venres.
Desde a consellería de Educación indican que dita proba non terá efectos académicos e non servirá para segregar aos alumnos en base aos seus resultados nin será empregado para a elaboración de ránkings de centros, unha das principais denuncias de sindicatos e Anpas.
Esta mañá foron convocados paros en distintos centros educativos para protestar contra esta medida, unha das novidades da nova Lomce.