Máis de un millón e medio de euros para rehabilitación integral de cinco concellos Lugueses

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, financiará este ano con máis de un millón e medio de euros as actuacións que se realicen nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) daqueles concellos que non recibiran financiamento no ano 2018 por non telo solicitado ou, no caso de recibilo, que xa o teñan comprometido.

Estes fondos, que inclúen tanto a achega estatal como a autonómica, irán a parar, concretamente, aos concellos de: Chantada, Quiroga, Sober, Vilalba e Viveiro.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) comunicará esta semana aos concellos beneficiarios a contía que se lles asignará no reparto correspondente aos obxectivos de 2019, e a continuación, as entidades locais deberán comunicar as actuacións previstas nas súas respectivas ARI, presentando a documentación acreditativa.

Naqueles casos en que dispoñan de máis dunha ARI declarada dentro do seu ámbito municipal, será a propia administración local a encargada de repartir os fondos entre as mesmas. Ademais, os concellos deberán regular tamén os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas localizadas dentro destas áreas e que estean interesados na súa rehabilitación.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos entre estes concellos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com