Máis de vinte denuncias nun control da Policía Local

Durante a mañá do día 5 do presente mes, levouse a cabo un dispositivo de control conxunto no que participaron axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, da Policía Local de Lugo e policías locais doutros Concellos da provincia, para detección de condutores que se atopasen en circulación despois de consumir algún tipo de droga.

No dispositivo, que se estruturou en cinco grupos operativos repartidos noutros tantos puntos da cidade, participaron efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil, un equipo GIAT e efectivos da Policía Local, realizando as preceptivas probas de detección de drogas a 28 condutores, lanzando resultado POSITIVO 10 deles: 5 en Cánnabis, dous en cocaína, dúas en anfetaminas e un en opiáceos; todos eles denunciados administrativamente, o que leva consigo unha sanción económica de 1000 € e a detracción de 6 puntos do permiso.

Ademais dos positivos en consumo de drogas, tamén se realizaron probas de detección do grao de impregnación alcohólica, localizando unha condutora que lanzou un resultado POSITIVO de 0’43 miligramos de alcol por litro de aire expirado, motivo polo cal se confeccióna boletín de denuncia administrativa, que leva consigo unha sanción económica de 500 euros e a detracción de 4 puntos do permiso de conducir.

 Todos os vehículos foron inmobilizados no lugar, salvo aqueles dos que se puido facer cargo algún outro condutor que se atopase nas condicións adecuadas para o seu manexo.

 Nos controis efectuados tamén se fixo uso do dron da Policía Local de Lugo, pilotado por dous axentes do Corpo coa acreditación necesaria; e un dispositivo móbil con OCR (recoñecemento óptico de caracteres), de recente adquisición pola Policía Local de Lugo, que procede á lectura automática das placas de matrícula dos vehículos que se aproximan ao filtro e conecta en tempo real coa base de datos de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, informando de calquera irregularidade que se observe relativa ao seu estado documental, o que permitiu que tamén se puidesen localizar OITO vehículos que non foran sometidos á inspección técnica periódica no prazo regulamentario, UN que circulaba sen ter concertado seguro obrigatorio e outro cuxo condutor facía uso dun permiso de conducir estranxeiro susceptible de troco, pero que non lle permitía o manexo do automóbil sen os trámites necesarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com