Esta tarde inaugurouse a feira de artesanía ArteSanFroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, que venden os seus produtos unha
vintena de obradoiros artesáns.
Produtos de cerámica, textil, coiro ou madeira predominan na mostra, que amosa a calidade da artesanía lucense, con pezas únicas, elaboradas á man, que reflicten a creatividade de artesáns e artesás e os novos camiños que se abren para os oficios tradicionais na sociedade actual.
A instalación nos postos é, un ano máis, de balde para as firmas de artesanía, que teñen un escaparate para os seus produtos en plenas festas.
O ArteSanFroilán, ubicado na Praza Anxo Fernández Gómez -detrás do Concello de Lugo – estará aberta ata o 12 de outubro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Os obradoiros participantes son: Senda Coiro, Regal Cerámica, Bolboretas de coiro, Tres caracoles, La mosquita muerta, Enxógate, Vidal Revilla, Iria Pigueiras-Imavi, Fonte meimil, Amigurumis Jano, Patapúm, Ceniza de papel, Portomañekos, Lucecús, Mi madre no me deja, La bellota mágica, Rappa taller, A Sariña maquinando, Esquina Atlántica SL, Artesanía do pasatempo e Cunqueiro.