Maite Ferreiro comparecerá no pleno para explicar o “abandono” da rede municipal de museos

O Partido Popular conseguiu no pleno de xaneiro, o apoio necesario para que compareza a responsable de cultura ante a corporación na sesión plenaria de mañá, para que aclare os motivos dos problemas que hai cos contidos dixitais das salas da rede museística así como no MIHL. Os populares denunciaron que “este abandono é o escaparate que presentamos aos turistas que nos visitan” e agardan coñecer “as explicacións e solucións que vai adoptar o equipo de goberno2. Carballo asegura que “ás portas do Xacobeo 2021 Lugo debe estar preparado polo que agardamos que o plan de choque do que falan sexa unha realidade e non outra das improvisacións ás que nos ten acostumados o equipo de goberno”.

Asemade, o PP proporá que a corporación de Lugo apoie a petición de que a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia sexa declarada Ben de Interese Cultural. O voceiro dos populares asegura que este acto ten un peso histórico, cultural, social, político e religioso no ámbito da Comunidade Autónoma e por este motivo pensamos que “ten que ser reforzada ao máximo para que ninguén teña a tentación de facela desaparecer ou ningunear”. Carballo explicou que esta petición levarase ás sete capitais do antigo Reino de Galicia como xesto do espíritu de unidade e de consenso co que naceu esta tradición.

Outra das iniciativas que o Partido Popular presenta a pleno co ánimo de contribuir a mellorar a seguridade viaria e a mobilidade nos barrios é a relativa a realizar un plan para que se eliminen de forma progresiva os tapóns urbanísticos que hai na cidade de Lugo. Os populares tamén pedirán o apoio do pleno para que o Concello inste ao Goberno a manter a sala do 091 en Lugo porque se trata dun servizo moi próximo ao cidadán e é o órgano de coordinación operativa que recibe os avisos e distribúe os efectivos policiais. O 091 asume a coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais polo que é indispensable que os axentes teñan un nivel de coñecemento moi amplo de toda a cidade. Os populares tamén pedirán que o Goberno aumente os medios humanos e materiais cos que conta a comisaria lucense, xa que na actualidade presenta un déficit de 41 axentes.

Os populares instan ao concello de Lugo a levar a cabo accións para poñer en valor e dar a coñecer ás mulleres referentes galegas que son líderes nos seus respectivos sectores para que rapazas e rapaces teñan referentes femininos, como por exemplo na ciencia e na tecnoloxía. Ademáis desta petición se presenta unha batería de medidas que son competencia da Xunta e do Estado para facer fronte a retos fundamentais para alcanzar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com