A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da Comisión de Festas para este venres ás 12:30. Segundo Ferreiro, esta xuntanza servirá “para dar conta ao resto de grupos da corporación dos avances realizados na confección desta edición do San Froilán”.
Logo das queixas do Grupo Popular na que lamentan “que a menos dun mes de que comece o San Froilán os nacionalistas “non reunisen, máis que unha única vez a comisión de festas para informar sobre como van as xestións da programación das patronais”. “ A un mes das patronais nin se sabe quen será o pregoeiro, nin coñecemos o cartel de actos eactividades”, indicou Beatriz Vázquez, concelleira do Partido Popular.
Asemade Beatriz Vázquez amosou a súa total decepción pola actitude dos nacionalistas “podemos admitir retrasos nas contratacións, dado que tomaron posesión en xuño, pero o que non é admisible é que non nos convoquen para consensuar y recibir as achegas do principal grupo corporación”.
Pola súa banda Maite Ferreiro indicous que “desde a concellería de Cultura non fixemos ningún anuncio relevante durante as últimas semanas por lealdade co resto de grupos da corporación”, e engadiu, “estamos a traballar con todas as propostas que nos chegaron para facer do San Froilán a gran festa do outono galego”.