O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno aprobará mañá o inicio do proceso para adxudicar os vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar.
A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. A información poderá consultarse nos vindeiros días, unha vez se publique a convocatoria no BOP.
Arroxo anunciou que a Tenencia de Alcaldía aprobará tamén o inicio de contratación da producción e dos medios técnicos (iluminación, sonorización, infraestruturas e equipamento) para as distintas actividades culturais a realizar na rúa durante o verán.
Post Views: 0