Maña comeza a XVI Mostra de Teatro Clásico e haberá unha nova cata literaria

Mañá xoves, 11 de febreiro, os lucenses poderán escoller entre asistir á cata literaria da lancaresa Rocío López que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ou á representación teatral de El Eunuco, enmarcada dentro da programación da XVI Mostra de Teatro Clásico que arrancará mañá no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

As entradas para ambas actividades, que comezarán ás 20:00 e ás 20:30 horas respectivamente, aínda poden mercarse. Para as catas, as entradas están dispoñibles na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL e para a mostra de teatro, nesta plataforma electrónica así como no Centro de Interpretación da Muralla e no mesmo auditorio, unha hora antes do comezo do espectáculo.

Literatura, teatro e gastronomía

Na cata literaria ademais de literatura haberá gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Como en anteriores ocasións, as librarías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo propio autor.

Por outra banda, a XVI Mostra de Teatro Clásico ofrecerá ademais de teatro, gastronomía, xa que 9 restaurantes da cidade crearán unha tapa inspirada nas obras teatrais que se representarán no auditoiro, e que se poderán degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com