O Buxiganga da Deputación, que terá o seu inicio mañá, trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer e potenciando a actuación de colectivos teatrais lucenses, cun orzamento de 40.000 euros,
Pilar García Porto, a Deputada de Cultura, explica que a Buxiganga “está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura”. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.
A programación teatral comeza ás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que Alentía Teatro representará a obra Manancial de fantasía. E ás 17:30 horas no centro social da parroquia de Carballo, no Concello de Friol, a Asociación Carballo Vivo acollerá a representación da peza clásica A ola de ouro do grupo Pinchacarneiro.
Para máis información de datas e horarios en www.deputacionlugo.gal.