Segundo a información recibida pola AEMET, en todo o litoral lucense, o nivel de alerta será VERMELLO (risco extremo) desde o mediodía. As ventadas no mar poderán ser moi fortes e as ondas poderán acadar os 9 metros.
Na xornada do xoves Galicia quedará influenciada polas baixas presións localizadas en Islandia, enviándonos unha fronte moi activa. Por tanto, durante á maña co paso da fronte teremos ceos moi nubrados con precipitacións abundantes. Pola tarde, virarán os ventos a oeste-noroeste canalizando aire moi frío dando lugar a chuvascos localmente treboentos acompañados de saraiba. Na montaña de Lugo haberá refachos superiores aos 80km/h e a cota de neve irá descendendo progresivamente pola tarde e noite onde se situará nos 600m.