O Concello de Lugo informou de que mañá, entre as 11:00 e as 23:00 horas, permanecerán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela decretada por AEMET debido a ventos de entre 40 e 70kms/h. e refachos de ata 100kms/h. A franxa horaria con probabilidade de ventos máis fortes vai das 12:00 ás 18:00 horas.
Ante as malas condicións meteorolóxicas previstas, o Concello instalará carpas na Praza Maior, diante da casa consistorial, para a celebración do Gran Concurso de Disfraces Infantil que organizou no marco das festas do Entroido, que empezará ás 17:00 horas.