Mañá remata o prazo de inscrición para 4 dos 14 cursos do Tecnoloxíza-T!

Mañá xoves, 19 de outubro, remata o prazo de inscrición para 4 dos 14 cursos do programa formativo Tecnoloxíza-T!, organizado polo Concello no Edificio de Novas Tecnoloxías. Concretamente, mañá é o último día para anotrase nos  cursos de Sinatura e facturación electrónica -que se celebrará este sábado-, Iniciación ás redes sociais, Deseño web e Sácalle partido ao smartphone, que arrincarán o vindeiro luns.

Cada un deles oferta 15 prazas. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Edificio de Novas Tenoloxías, na Praza de Anxo Fernández Gómez, aberto de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados de 17:00 a 21:00 horas. Ata decembro, a Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, ofrece outras alternativas de formación, como Trámites bancarios on-line, Marketing dixital, Comunícate On-line, Súbete á nube, Posicionamento Web e Seo, Sácalle partido ao watsap, Creación de Apps, Internet segura, Aprende a usar a túa tablet, Introducción á programación e Retoques fotográficos co teu smartphone.

A data de inscrición, que é distinta para cada actividade, pode consultarse ben no propio centro, a través do teléfono de atención cidadá 010 ou en www.lugo.gal. Os e as menores de idade deberán contar coa autorización dun titor legal. Cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso de que queden prazas libres poderanse admitir a inscrición en máis de dous obradoiros. O acceso aos cursos será por sorteo, que se realizará ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com