A Concellería de Cultura de Burela organiza a cuarta edición da Feira do Libro que se celebrará na localidade os días 31 de agosto, e 1 e 2 de setembro. O edil, José Díaz, anunciou esta mañá que un dos escritores que pasará pola localidade eses días será o pontevedrés Manel Loureiro, autor de seis libros entre os que destaca a Trilogía del Apocalipsis Zombie.
O concelleiro de Cultura contou que “este ano será a cuarta edición, empezamos o ano que chegamos ao goberno municipal, e a idea é seguir dando pasos, mellorándoa e sobre todo consolidándoa. Hoxe queremos anunciar a un dos escritores que xa nos confirmou a súa presenza na Feira do Libro de Burela, que se celebrará os días 31 de agosto, e 1 e 2 de setembro. O escritor que estará o venres connosco, presentando o último libro que ten publicado, vai ser Manel Loureiro”.
José Díaz fixo un breve resumo da traxectoria do autor que despuntou a partir do 2010 pero que, a pesar de levar pouco tempo na escritura, foi moi prolífico publicando xa seis títulos. “Co que se deu a coñecer foi a Trilogñia del Apocalisis Zombie, con tres libros que foron un éxito rotundo”, contou o concelleiro que resaltou que, entre a traxectoria do autor atópase a creación dun blog na Internet “contando unha historia que se lle ocorría”.
“El é avogado de profesión, fixo este blog dunha maneira case aficionada, pero enseguida tivo contactos dunha importante editorial que lle pediu transcribir eso a libros. Así foi como saliu esa saga dun xénero que tan de moda leva estando nos últimos anos, que foi traducido a trinta idiomas e publicado no mesmo número de países”, relatou o edil burelés. ” Nos EE.UU. chegou a vender máis que Stephen King, autor con que se lle compara ao galego”.
“Unha fixache moi atractiva” segundo José Díaz, que atraerá á xente pois se lle coñece de colaborar en programas de radio e televisión entre o que destaca Cuarto Milenio onde “aparece contando diferentes historias e lendas, sobre todo da zona de que el é, de Pontevedra, e de Galicia”.
O autor pontevedrés estará na Feira o venres 31 de agosto ás 20.00 horas onde presentará o seu último libro titulado Veinte e, ademáis, “estará asinando libros para todo el que quera, unha vez termine esa presentación”.
Díaz declarou que “o resto da feira seguiímola organizando para tela preparada, esperemos que, na primeira semana de agosto, despois da feira do bonito. Fainos moita ilusión porque era un dos poucos Concellos grandes da Mariña que non tiñan feira, había en Viveiro, en Mondoñedo, en Foz e en Ribadeo, faltaba a de Burela e pensamos que era necesario seguir homenaxeando aos libros. É verdade que cada vez lemos menos, é verdade que os tempos cambian e a xente elixe outras formas de información e entretemento, pero creo que é un xénero que nunca debe morrer, que debe seguir aí e temos que coidalo entre todos porque as historias que se contan nos libros é imposible contalas doutra maneira que non sexa a través deles. ”.