Manifestación a prol do saneamento da ría de Viveiro

Centos de veciñas e veciños, participaron esta tarde na manifestación convocada pola Plataforma Veciñal para reclamar o saneamento da ría de Viveiro. A esta manifestación sumouse a rexedora viveirense que amosou “o total apoio a esta colectivo veciñal, que coma nós, defende que se executen as obras de mellora, xa que o saneamento da ría de Viveiro é un problema que afecta a todo o municipio”.

Loureiro declarou que “dende o Concello de Viveiro levamos moitos anos traballando e reivindicando, ante a pasividade e as trabas da Xunta, axilizar o expediente para a mellora da ría”. Ademais lembrou que “o convenio asinado en agosto de 2016 ao que houbo que engadirlle tres addendas, remata no 2021”. Sinala ademais que “son investimentos procedentes nun 80% de fondos europeos para o arranxo deste emisario, e foron adxudicados exclusivamente para esta finalidade. E como pode comprobarse o único que non cumpriu este convenio foi a Xunta, o Concello de Viveiro fixo todos os deberes”, subliñou.

Tamén asistiu a dta manifestación a Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero que lembrou que o Grupo Socialista rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica nas que denunciou a pasividade de Xunta en todo este proceso. “As obras de saneamento da Ría de Viveiro deben comezar xa. Afirmou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com