Manifestación polo Día Internacional da Muller

Miles de persoas percorreron esta mañá as rúas da cidade de Lugo para celebrar o Día Internacional da Muller. Unha pancarta co lema: “Sen Coidado non hai vida” aludindo ás mulleres que realizan traballos sociais no fogar en condicións, as más das veces, en precario, abría a manifestación organizada pola Plataforma Feminista de Lugo.

As manifestantes corearon diversas consignas reivindicativas sobre a igualdade entre homes e mulleres e pediron que non se desmantele e si se potencie o estado do benestar.

A manifestación rematou na Praza Horta do Seminario, onde se deu lectura a un manifesto lido por dúas mozas e a continuación houbo actuacións musicais nun escenario habilitado para a ocasión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com