Manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación Municipal, asistiron este xoves á lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se levou a cabo ás 12:00 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial. Trátase dun acto enmarcado dentro do programa de Diversiarte organizado polo Concello en colaboración con 23 asociacións da cidade.

O manifesto leuno o atleta lucense Tito Margaride, que en nome das máis das 20 asociacións en Lugo que traballan para a mellora da calide de vida e pola loita polos dereitos e liberdades das persoas, reiteran a “responsabilidade colectiva para a plena normalización dos dereitos das persoas con discapacidade”.

O documento fixo fincapé nas políticas de recortes de gasto público que deixaron sen resposta ás necesidades sociais da maior parte do colectivo de persoas con discapacidade. Neste senso, o manifesto denunciaba o retroceso en canto ás prestacións derivadas dun borrador do catálogo nacional ortoprotéstico do Ministeiro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. “Queremos manifestar e lembrar que o uso de próteses e demais axudas técnicas que se enmarcan no catálogo non son un luxo, son unha necesidade”, afirmaban os colectivos sociais a través do manifesto ao tempo que reivindicacabn a responsabilidade dos poderes públicos de “manter un sistema educativo, sanitario, social de tipo público e descentralizado, co fin de facelo funcional ao individuo”. O escrito tamén rexistraba un chamamento ao sector empresarial e pequenos comercios para fomentar a accesibilidade universal nos seus establecementos.

Ao finalizar a lectura, Lara Méndez entregoulle unha figura da Muralla realizada por membros do colectivo ASPNAIS a Tito Margaride.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com