“Manos Unidas” inaugura en Lugo a mostra ‘Como ser auténti@s superhéroes’

A Delegación Territorial da Xunta acolle dende hoxe e ata o vindeiro día 19 a exposición ‘Como ser auténtic@s superhéroes’, organizada por Manos Unidas e que poderá visitarse de luns a venres en horario de mañá e tarde.

A mostra foi inaugurada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Alberto Linares, e a coordinadora María Jesús Fernández Paredes, con asistencia da vicepresidenta de Manos Unidas en Lugo, Pilar Cadahía Arias, e a secretaria, Berta López Pita, entre outros.

A mostra está especialmente orientada aos adolescentes, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos aproximadamente, para que comprendan que todos poden actuar como auténticos superheroes se están atentos ás inxustizas sociais e dispostos a combatelas.

Dun xeito lúdico e interactivo, os mozos e mozas deberán superar as probas requiridas da “Academia de superheroes de Jotam”, e demostrar que, ao igual que Pepo, o personaxe central da exposición, saben escoitar, din sempre a verdade, son capaces de poñerse na pel dos demais e teñen a forza necesaria para axudar a quen o necesita.

Tanto os responsables de Manos Unidas como o xefe territorial de Traballo, expresaron o seu desexo de que os escolares de Lugo se acheguen a ver a exposición, que encontrarán divertida ao tempo que invita a reflexionar sobre importantes cuestións como a desigualdade, a empatía ou a solidariedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com