Manu Chao dará un concerto na sala Tebras o 9 de xullo

Dous anos despois, o artista Manu Chao volve á sala Tebras o vindeiro 9 de xullo ás 21:30h, para ofrecer un novo concerto na capital. No ano 2022 Manu Chao ofrecera dous concertos en Tebras e nos dous esgotaranse as entradas.

O artista acaba de editar unha nova canción titulada “Viva tú” do seu novo álbum que verá a luz a finais de ano e na que segundo el mesmo sinala “é unha rumba que lles escribín aos meus veciños e vai sobre aceptarte tal e como es”. Neste novo concerto, Manu Chao fará un percorrido polos seus temas máis emblemáticos acompañado polo arxentino de Lanús, Lucky Salvadori (guitarrita – bichito cordobés)  e a percusión, o galego Miguel Rumbao.

As entradas están á venda na web de entradium.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com