O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe a primeira toma de contacto con Manuel Ernesto García Rodríguez despois de que tomara posesión, esta mañá, como novo xefe do Servizo de Conservación da Natureza en Lugo.
García Rodríguez, que se incorpora á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, é veterinario de profesión e funcionario de carreira, e previamente exerceu labores de inspección veterinaria nas consellerías de Medio Rural e Sanidade.