Manuel López denuncia que o goberno pon en risco unha inversión de 400.000€ no rural

O concelleiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denuncia a situación que debido “á desidia e falta de atención do bigoberno á zona rural” estanse a perder investimentos nas parroquias xa que “se está a paralizar” a posta en marcha de iniciativas empresarias.

Manuel López explica que debido á “neglixencia” do goberno local, a posta en marcha dunha granxa porcina se paralizou debido “á total falta de mantemento” nas pistas da zona rural nas que son propiedade do Concello de Lugo. “O problema para os veciños e a iniciativa empresarial é que os transportistas que teñen que subministrar os materiais para a construción da nave néganse a subir xa que as condicións das pistas son intransitables porque hai un grave risco para a integridade física dos condutores que circulen por estas pistas”, afirma.

O concelleiro popular explica que a inversión total que se está a bloquear son 391.709,07€, “unha cantidade considerable” que vai xerar bastantes postos de emprego directos e indirectos. A isto se engade os máis de 15.000€ de taxas municipais para a obtención da licenza necesaria e “os cero euros que o bigoberno destina nos orzamentos do vindeiro ano para o mantemento de pistas na zona rural”. “O abandono da zona rural por parte do bigoberno local é evidente e neste está a pasar unha factura moi alta á iniciativa empresarial que o único que quere é xerar riqueza no rural”, explica.

Na concesión da licenza para esta, ou outro tipo de construcións, se especifica que o titular ten un prazo máximo de 24 meses para a finalización da obra, polo que esta situación está a demorar os traballos xa que os transportistas que levan o material “non poden” circular por estes camiños debido ao elevado risco existente.

Neste senso, Manuel López é contundente e afirma que se a licenza se concedera a un pedáneo ou afín ao PSOE “non teríamos que falar sobre este problema” xa que “seguramente a pista estaría en perfecto estado de revista”. A isto se engade que cos máis de 15.000€ que se tiveron que aboar en concepto de taxas pola concesión da licenza municipal, “hai cartos máis que suficientes” para arranxar as pistas en cuestión, o que demostra “unha desidia total” e unha “preocupación selectiva” en función de a quen afecten os problemas do rural.

Uns problemas derivados de que o bigoberno local non desenvolvese unha proposta que pediu o Grupo Municipal do Partido Popular, e se aprobou en pleno, hai máis de dous anos (en outubro de 2017). O edil popular recorda que se reclamou a creación dun inventario actualizado de camiños rurais e unha ordenanza que regule o seu uso para a saca de madeira, “o que evitaría situacións coma esta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com