Desde 2004, ano da súa morte, cada oito de setembro, en Outeiro de Rei hónrase a Manuel María, patriarca da Terra Chá, protagonista do único caso do mundo no que unha obra poética provoca o recoñecemento xeral dun país, antes dela intuído pero sen existencia real. Máis aínda: En terras de Cospeito e Castro de Rei había a chamada “Tierra Llana” que o Instituto Nacional de Colonización repoboou con labregos da zona de Ernes, en Navia de Suarna, que quedaron aillados pola construción dun embalse.
Pero “O Manuel”, así chamado polos chairegos, publicou en 1954 “Terra Chá”, que moitos consideramos a Biblia desta especial comarca, que creou o clima preciso para que esta terra acadase presenza material e legal, e o que antes era a ”meseta central de Lugo” hoxe é coñecida por todos como a Terra Chá.
O coroavirus non puido coa celebración anual ao Manuel, aínda que si a reduciu, e aínda que non se fixo expreso chamamento para o acto, diante da tumba do poeta xuntámonos ducia e media de amigos con flores, palabras e canción, xa que un acto de honra a Manuel María ten que rematar co Himno Galego.
E se un día coma este a Irmandade Manuel María da Terra Cha e Xermolos entregan a “Navalla do Manuel” para honrar a un chairego destacado, o pasado día 8 recibiuna Alfonso Blanco, no nome da propia Irmandade, promotor de innumerables actividades culturais, que recibiu do escultor Valdi cunha peza que levaba incrustada unha navalla, tan querida do Manuel, e por iso utilizada no seu nome para homenaxear a quen honra á Terra Chá.
Non se leron poemas diante da sepultura, nin nas Penas de Rodas houbo o tradicional recital, porque a situación sanitaria en Outeiro e en Galicia non aconsella concorrencias numerosas, nin tampouco se foi á Santa Isabel á comuñón civil e colectiva de pan, viño e música do país. Só palabras no cemiterio para lembrar ao que o 2016 se honro una festa das Letras Galegas”, alterando fugazmente o silencio do cemiterio vello de Outeiro de Rei.
O Covid manda silencio, tapando as nosas bocas con máscara protectora. Pero por riba de todo,
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.