Manuel Martínez denuncia ante a Valedora os “incumprimentos” do Goberno provincial

O alcalde de Becerreá e deputado non adscrito na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, vén de presentar un recurso ante a Valedora do Pobo denunciando “reiterados incumprimentos” por parte do Goberno do ente provincial.

Entre as queixas de Martínez atópase a de que o presidente da Deputación, Darío Campos, non admitise o debate e votación das emendas presentadas aos orzamentos do ente provincial. O rexedor becerrense denuncia ademais que o Goberno provincial non permitiu que tivese despacho propio no Pazo de San Marcos nin que formase parte da Xunta de voceiros.

O rexedor agarda con este movemento que a Valedora medie para que non se sigan conculcando, di, os seus dereitos.

“É unha conculcación de dereitos deste deputado e incluso tamén dos deputados do Partido Popular sistemática. Co cal eu creo que debo denunciar antes de tomar outro tipo de medidas de tipo xudicial ante a Valedora do pobo. Espero que lle contesten a ela o que non me contestan a min e en función do que decida a Valedora actuarei en consecuencia”, sinala Martínez en declaracións a Xornal de Lugo.

Ademais, este xoves terá lugar un pleno extraordinario na Deputación para debater as alegacións presentadas aos presupostos. Manuel Martínez agarda que en dito pleno se lles permita aos grupos da oposición debater as súas alegacións ás contas públicas. Do contrario, xa advirte, presentará recurso pola vía penal.

“Se as alegacións se votan sen problema ningún asumiremos os resultados. Se non se deixan votar obviamente o que iniciarei é un recurso pola  vía penal contra a aprobación dos presupostos porque creo que é unha vulneración grave dun cidadán que se lle prohiba o dereito á votación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com