O Xulgado de Intrución número 1 de Lugo, emitiu este venres un auto, no que acorda o sobreseimento e arquivo relativo ao expediente administrativo dunha obra executada pola Deputación de Lugo no concello de Portomarín cando o Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, era deputado responsable da área de Vías e Obras do organismo provincial. O xulgado número un na parte dispositiva do auto dí “Que debo acordar e acordo o sobreseimiento provisional da presente causa por aplicación do artigo 641.1 da Lecrim, debendo procederse ao arquivo deste procedemento. Notifíquese ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra a mesma cabo recurso de reforma e/ou subsidiario de apelación”. As dilixencias previas 941/2013, incoaránse por auto de data 2 de maio de 2013, en virtude de denuncia presentada por o Alcalde do Concello de Portomarín, Juan Serrano López.
No escrito de denuncia Serrano dicía que”na Xunta de Goberno da Diputación de Lugo o día 20 de xaneiro de 2012, aprobouse a proposta do orzamento de obras adicionais á obra Portomarín acondicionamiento C.P 4902, Alto do Valiño por Vilaxuste a Valdeporras, PK 0/4,2 cun orzamento de cento oitenta e tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con noventa e cinco céntimos (183.455, 95 euros) máis IVA de trinta e tres mil vinte e dous euros con sete céntimos (33.022, 07 euros) e que foi adxudicado á empresa Construciones Taboada e Ramos S.L, cando esa obra levaba terminada dous anos, por medio dunha subvención da propia Deputación de Lugo”.
Así as cousas este auto, e a espera de que o sobreseimento sexa definitivo, pode producir un novo e inesperado xiro na política provincial. De momento Martínez declina facer declaracións ata que a sentencia sexa firme.