O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez fixo entrega dos trofeos das finais nas categorías de fútbol base da XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que se celebraron este domingo no campo municipal de Becerreá. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
No encontro de categoría benxamíns entre o CD Lugo SAD A e o SDC Residencia A, venceu o CD LUGO. Na categoría alevín medíronse o SD Porto Burela A –e o CD Lugo SAD A, e venceu o equipo lucense. Na final de prebenxamíns de 1ª Autonómica entre o SD Porto Burela A e o CD Lugo SAD B, gañou novamente o equipo lucense. E por último na categoría prebenxamín de 2ª Autonómica entre o AD Piringalla B e o Mondoñedo FC, gañou o Mondoñedo.