O Psoe ven de comunicarlle ao Alcalde de Becerreá e Deputado Provincial Manuel Martínez a súa expulsión do partido, malia todo Martínez non arroxa a toalla e gasta o seu último cartucho presentando un novo escrito, onde solicita que se paralice dito proceso ata que se resolva o recurso que acaba de presentar.
Para Martínez o que queren é xogar a “marear a perdiz”, é dicir, a ver se non contesto e entón expúlsante por non recorrer”.
O Deputado non adscrito fundamenta o seu recurso en que non foi contestado o recurso de reposición que presentou “ TAL RECURSO DE REPOSICIÓN NON FOI CONTESTADO, deixando ao que subscribe nuna situación de indefensión total e simplemente obxecto dunha purga levada a efecto sen ningún tipo de proba e sen rebater os argumentos empregados para a miña defensa”.
Martínez reitera “Como xa indiquei a expulsión dun partido político debe estar sometida a uns límites mínimos tal e como afirmou a xurisprudencia constitucional e a ordinaria e iso como consecuencia das repercusións que esa decisión trae consigo para o exercicio dalgúns dereitos fundamentais que asisten a todo afiliado pois non cabe dúbida que producida a expulsión queda pechada unha das modalidades máis cualificadas de participación política que os estados democráticos brindan aos cidadáns e que vostedes nesta resolución de 29 de xuño sáltanse, de xeito paradoxal á toureira.
Ago 09, 2016 - 06:35 PM
Vaya por Deus, vai a sentilo de carallo, total xa leva trmpo militando no pp, e ahora xa se pode integrar totalmente, ahora si que vamos a ver como cambea o signo politico dos de Becerrea, ahora votaran pp