Manuel Martínez fai balanzo das incidencias nas estradas da provincia

O Vicepresidente da Deputación de Lugo e Deputado de Vías e Obras fixo balanzo das actuacións levadas a cabo polo seu departamento. Nestas actuacións durante o período   2016-2017 por nevaradas e xeo, tómase como referencia entre setembro de 2016 e setembro de 2017, producíronse 90 actuacións de tratamento preventivos de xeo; 96 de tratamento curativo de xeo; tratamento curativo por neve e gran nevarada, 240 actuacións. En total as actuacións foron 426.

Nestas actuacións utilizáronse 735 toneladas de fundentes, o que supuxo una redución do 40% con respecto ao exercicio anterior.

Non se produciu ningún accidente con feridos nesta forquita de tempo por mor de nevaradas e xeo, alomenos que se teña constancia nesta área.

Incidencias na rede viaria provincial no ano 2017 por mor de caídas de árbores, desprendementos, inundacións, atropelos fauna etc.

Actuacións por árbores caídos 205, por desprendementos 42, por inundacións con corte estradas 3.

Actuacións por : limpeza taxéas e cunetas por mor da auga. 22. Por atropelos de fauna e retirada de animais 25. Por gasóleo e outros produtos na estrada 35. Por accidentes nas estradas 42. Afectacións de pontes 2.

En total nestes capítulos producíronse 376.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com