Manuel Martínez nomeado Vicepresidente da Deputación de Lugo

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e deputado non adscrito da Deputación Provincial de Lugo, acompañado do Presidente da Deputación, Darío Campos, anunciaron oficialmente unha reestructuración consensuada do executivo provincial, entrando Manuel Martínez a formar parte do grupo socialista e como Viceprensidente da Deputación e responsable da área de xestión territorial.

Esta decisión, fai que o organigrama político da Deputaciónon Provincial tamén varíe.quedando Álvaro Santos Ramos, actual vicepresidente, como Deputado de Relacións Institucionais e de Goberno Interior, ademáis de Voceiro Provincial.

Miguel Angel Sotuela axudará a Santos nas súas labores, sendo ademáis Deputado de Asuntos Xerais e Formación. Argelio Fernández Queipo será responsable de colaboración cos concellos e medioambiente.

Sonsoles López Izquierdo pasa a ser Deputada de Promoción Económica e Social; Eduardo Vidal será o Deputado de Turismo e Cultura e contará ca axuda de Pilar García Porto quen quedou nomeada Subdelegada de Cultura, Patrimonio, Artesanía, Deseño e Educación. O resto dos deputados quedarán na súa mesma área.

Darío Campos asegurou tamén que a segunda semana de marzo aprobará os presupostos deste ano onde os veciños de Lugo serán os protagonistas.

Pola súa parte, Manuel Martínez agradeceu aos seus compañeiros o apoio e valorou positivamente o esforzo do PSOE para chegar xuntos ao acordo necesario.

En canto ao apoio do BNG, que o PSOE necesita para a aprobación dos presupostos, Darío Campos asegurou que, en principio, non correrá ningún perigo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com