O deputado provincial e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, presentará no Pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará o vindeiro 29 de decembro, a súa primeira moción como Deputado non adscrito. A mesma versa sobre os parques supramunicipais de bombeiros.
Na moción, Martínez, solicita que se exonere aos Concellos sede destes servizos, como é o caso de Becerreá, do pago do 20% co que contribúen na actualidade por non ser unha competencia destes concellos, “ do artigo 27 da Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia, resulta que o Concello de Becerreá é un concello de menos de 20.000 habitantes xa que logo sen a obriga de crear un servizo municipal de protección civil nin xestionar emerxencias” , e se aprobe a moción que presenta no senso de que asuman este gasto ao 50% a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial.