O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, mostrouse sorprendido ante as declaracións do concelleiro de Cidadáns no referente á inversión realizada polo Concello nos colexios públicos da cidade. Neste senso, o edil lamentou que “Jesús Expósito, representante da entidade local en dous consellos escolares, non saiba diferenciar as competencias da Xunta e do Concello en materia de Educación”.
As obras que requiren proxectos técnicos nos colexios son competencia da Xunta e non dos concellos, como por exemplo sucede coa cubrición cunha pasarela cuberta no CEIP da Ponte á que se refire Cidadáns. Mentres que o Concello encárgase de realizar melloras nas instalacións e do mantemento dos propios centros.
“Ademais Cidadáns descoñece a cantidade real que investiu nos colexios o organismo ao que representa”, tal e como sinalou Manuel Núñez, quen explicou que “non foron 100.000 euros como di o representante do grupo laranxa, senón que dende o Concello investimos un total de 223.500 euros en realizar mellor nos centros escolares e coas que lles damos resposta ás peticións realizadas polos equipos directivos”