O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas Manuel Núñez, participou no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra no acto de presentación do libro “Trabajar la convivencia en los centros educativos, una mirada al bosque de la convivencia”, que correo a cargo de Pedro Uruñuela, profesor de filosofía e inspector de educación en Madrid. Uruñuela foi Subdirector Xeral da Alta Inspección do Ministerio de Educación Ciencia, dende o 2004 e 2008.
Ademais da presentación do libro, durante as xornadas realizáronse outras actividades, entre as que cabe destacar unha que tiña como destinatarios aos docentes e que se desenvolveu baixo o título de “Aprendizaxe e Servizo” que tamén correu a cargo do propio profesor Uruñuela. Esta sesión tivo lugar nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico.
O Concello de Lugo, busca a través do programa municipal “Vivir Xuntos Convivir”, a convivencia e resolución pacífica de conflictos nos centros educativos.