Manuel Núñez presenta as novas bases de inscripción no próximo curso da Escola Municipal de Música

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer esta mañá as novas bases que rexirán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música para o vindeiro curso. Estas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado 8 de abril e, segundo asegurou Manuel Nuñez, valen para regular este proceso de admisión, “que era a asignatura pendente da Escola”.

Segundo indicou o edil, a escola ofertará anualmente un número de prazas por especialidade instrumental; así, se distribúen en catro bloques con diferentes especialidades. O primeiro bloque acollerá as clases dun máximo de tres alumnos que se adiquen a un mesmo instrumento entre os que destacan o clarinete con 65 prazas, o saxofón con 38, a frauta traveseira con 29, a gaita con 24 ou a trompeta, trombón e percusión con 20 prazas cada unha. Asemade, con menos prazas se ofertan clases de fagot, tuba-bombardino, piano ou pito pastoril galego.

O bloque B será para os alumnos que desexen clases individualizadas de calquer instrumento dos que se imparten clases na escola, e só se impartirá en caso de que haxa aulas e docentes dispoñibles.

No bloque C entran as clases teóricas como Música e movemento con 108 prazas, para nenos nacidos eno 2012 e no 2013; Formación básica que conta con 120 prazas, para os nados entre 2010 e 2011; para os nenos e xovenes de entre 8 e 16 anos se ofertan 180 prazas de Linguaxe musical. Para a Formación de adultos hai dispoñibles 90 prazas, á clase de Improvisación se deixaron 14 e para Informática musical e gravación de edicións e son, 6 prazas.

No bloque D se traballará con aqueles alumnos que xa teñan coñecementos mínimos dos instrumentos ademáis dun informe favorable do mestre da materia e sería para aqueles que desexen formar parte das bandas e grupos da escola a maioría, sen limitación de plazas.

“Para evitar as colas que se formaban na Escola, o día de rexistro dende as 6 da mañá, como novidade deste ano, as solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello e a orde de presentación non suporá a orde de matrícula no centro”, explicou Manuel Nuñez.

Os alumnos da escola que xa teñan a reserva da praza poderán matricularse entre o 19 de abril e o 19 de maio, e os alumnos de nova inscripción deberán facelo entre o 22 de maio e o 28 de xuño.

En total, para materias teóricas a Escola dispón dun total de 498 prazas, fronte as 384 que ofertou no pasado ano, co que aumenta a oferta de formación teórica. ao mesmo tempo, a oferta de prazas nos instrumentos musicais tamen aumenta das 230 que se ofertaban o pasado ano ata as 295 prazas que a escola pon a disposición dos alumnos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com