Marcial Marín establece o Pacto de Estado Social e Político pola Educación como obxectivo desta Lexislatura

O secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín, sinalou o Pacto de Estado Social e Político pola Educación como “nuestro principal objetivo durante esta Legislatura”, ao tempo que confiou en que “toda a sociedade comparta este oxectivo e que entre todos fagamos deste proxecto unha realidade, tratándose –engadiu- dun pacto que nace con vocación de estabilidade, a partir dun amplo acordo parlamentario e social”.

Marín, que inaugurou o I Congreso Provincial de Educación do Partido Popular de Lugo, baixo o título ‘A convivencia no ámbito educativo’, asegurou que só coa cooperación de todos os sectores implicados lograremos un pacto que dea establidade ao sistema educativo durante moitos anos”.

O secretario e Estado subliñou que un Pacto pola Educación é posible: “debemos intentalo e debemosllo a toda a sociedade”. Neste senso, precisou que “todos os partidos políticos coincidimos nos grandes obxectivos do noso sistema educativo, na garantía do dereito fundamental a la educación de todas las personas, del acceso a la educación y de la a igualdade de oportunidades para o desenrolo persoal  profesional de todos os estudantes”.

Ante a consecución de calquera acordo, Marcial Marín fixo fincapié en que é preciso que todos esteamos dispostos a ceder, e puxo como exemplo a actitude do presidente Rajoy no discurso de investidura, á que seguíu un Real Decreto Ley que plasmou o acordo coas comunidades autónomas e a Conferencia de Reitores Universitarios de España.

Máis intervintes relevantes   

O secretario de Estado fixo estas declaracións durante a inauguración do congreso, no que tamén participou o máximo responsable do departamento educativo do Goberno galego e deputado autonómico, Román Rodríguez González, e outros expertos na materia, ademais dunhas 200 persoas que quixeron asistir a esta novidosa iniciativa.

Este I Congreso Congreso Provincial de Educación: “A convivencia no ámbito educativo”, congrega na cidade da Muralla a todos os conselleiros de Educación das CCAA gobernadas polo Partido Popular. O foro deu comezo ás 17,00 horas e desenvolverase ata o sábado nun restaurante da cidade. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, pois, segundo os datos manexados polo Partido Popular, ata o de agora esta formación política non levou a cabo unha actividade destas características na Comunidade.

O obxectivo deste encontro radica na necesidade de coñecer de primeira man os problemas existentes no sector para darlles unha solución e ser un instrumento de colaboración con eles. Deste xeito, o simposio está aberto a pais, docentes e a calquera persoa que poida estar interesada.

Ademais de Román Rodríguez, participaron reputados profesionais do sector, como o secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén Barcala, que impartíu a charla “A xénese das normas sobre a convivencia escolar”, deseguido, a responsable do Servizo de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo da Xunta de Galicia, Patricia Brión Cabanelas, explicou as “Distintas perspectivas da responsabilidade do profesorado”. A xornada rematou cun coloquio.

Mañá sábado, o Congreso dará comezo ás 10:00 horas, coa participación do vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Fernando Del Pozo Andrés, quen disertará sobre “A convivencia escolar: unha cuestión de todos”. Seguidamente, ás 12:00 horas, o tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo (Fiscal de Menores) exporá os “Aspectos xudiciais da problemática dos adolescentes e dos mozos”. A clausura terá lugar ás 13:00 horas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com