Carmen Núñez, nº 2 da Marea Galeguista por Lugo, xunto con outras integrantes da candidatura, veñen de manter unha xuntanza con colectivos de xubilados na que recolleron as súas reivindicacións e explicaron as propostas programáticas da Marea Galeguista nesto ámbito.
A fenda salarial de xénero percíbese tamén, segundo indicaron, nas prestacións económicas e nas pensións, sendo un factor mais que inflúe na feminización da pobreza, afectando en maior medida ás mulleres maiores.
As mulleres galegas perciben as pensións máis baixas do estado, situándose a fenda de xénero, provocada pola precariedade nos traballos de moitas mulleres que se dedicaron aos coidados, “necesarios pero non remunerados”, nuns 400€.
Pola súa banda, as pensións das mulleres galegas no agro destacan por unha fenda de xénero maior, debido a ter explotacións agrarias domésticas constando a nome, na maioría das ocasións, dos homes.
Para Carmen Núñez, no relativo ás pensións, o problema non é só “a redución do número de cotizantes á Seguridade Social, senón o reparto da riqueza”, pois segundo asegura “cartos hai, o que pasa é que están moi mal repartidos”.
Neste senso, explicou diversas propostas programáticas da Marea galeguista como a de loitar contra a feminización da pobreza ou a da Renda Básica Universal e Incondicional, como garantía de ingresos mínimos para vivir con dignidade.
Para a Núñez, neste senso, o feminismo “non pode negar a necesidade de que se amplíen as políticas sociais”, pois o contrario, asegura , sería “negar a súa dimensión reivindicativa e emancipatoria”.
Durante a xuntanza tamén valoraron a situación actual dos servizos públicos como a sanidade ou os servizos sociais, en particular dos recursos para persoas maiores, amosando dende o colectivo preocupación pola situación destes recursos, nomeadamente as residencias e centros de día, pechados estes últimos, “unicamente por motivos electoralistas”, afea Núñez.
Xuñ 29, 2020 - 03:11 PM
O día 12X , quen queira votar a Podemos lembre: Na papeleta pon Galicia en Común ( Podemos/Izquierda Unida/Anova/Mareas Municipalistas ) Marea Galeguista é outra cousa. Querido votante de esquerdas, SÍ, sempre te estamos liando cos nomes, pero pa non tirar o lixo o teu voto progresista lembra : GALICIA EN COMÚN e punto.
Xuñ 29, 2020 - 03:43 PM
Luis Díaz ,non creo que a Marea Galeguista sexa tirar o voto.e menos o voto galego
Xuñ 29, 2020 - 03:50 PM
Manuel Maria Lourido Aguiar o sinto, pero o dono desa reflexión é o bng