En Marea preguntará pola situación dos condutores sen recolocar no cambio de concesionarias do transporte na Mariña lucense

En Marea preguntará no Parlamento de Galicia pola situación de ao menos 10 traballadores do transporte da Mariña lucense que a día de hoxe non foron recolocados na nova empresa adxunticaria pese a obriga que ten para facelo.

No cambio de empresas de transporte das liñas que cubren servizos entre as localidades da Mariña, Ribadeo ou Viveiro, e entre estas e Santiago ou Lugo entre outras localidades, a concesionaria anterior, Arriva Noroeste, cifrou en 14 o número de condutores que terían que ser subrrogados coa concesión no momento de traspasarse á UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez. Este cambio produciuse o pasado 8 de agosto e, sen embargo, eses 14 traballadores non foron recolocados na nova empresa, quedando sen traballo nunha situación na que nin foron despedidos nin admitidos na nova empresa.

A día de hoxe, son 10 os traballadores que aínda están nesta situación e que levan xa dous meses nese “limbo laboral”  sen que a Xunta estea facendo nada por facer cumprir as obrigas da empresa adxudicataria, que tiña entre as súas condicións para asumir a concesión a de asumir os traballadores que traballaban nas liñas que cambiaron de empresa.

En Marea preguntará no Parlamento de Galicia pola situación destes traballadores á conselleira de Transporte e sobre como afecta esta situación á prestación dos servizos na Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com