En Marea propón a escola de Pedro Murias nun centro de desenvolvemento rural

O voceiro de En Marea, Luís Villares, a deputada Paula Vázquez Verao, e o portavoz de En Marea de Ribadeo, Iván Lombardero, visitaron esta mañá a localidade mariñana onde mantiveron unha xuntanza coa veciñanza para presentar ás propostas de En Marea e analizar os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Villares destacou unha serie de aspectos clave que non se están a recoller na proposta do Goberno galego. O primeiro deles é a necesidade de resolver os vertidos no encoro de Lexoso. En segundo lugar, a falla do sistema de abastecemento de auga para Ribadeo, unha reivindicación histórica que unha vez máis non resulta atendida.

En terceiro lugar o remate o vindeiro ano da construción da vía verde. Pero sobre todo, un dos temas que máis preocupa a En Marea é o relativo á escola de capacitación Pedro Murias. Villares lembrou que o propio Feijoo entre as 30 medidas contra os lumes estaba potenciar a formación en materia de agrogandeiría e silvicultura polo tanto este compromiso adquirido polo Goberno galego debería ter un correlativo nos orzamentos para o vindeiro ano e concretamente nesta escola.

“A pesar de que se di que van a potenciar a formación, a realidade é que nesta escola foi excluído o ciclo de técnico de produción agroecolóxica” denunciou Villares. Por este motivo, En Marea esixe a recuperación inmediata deste ciclo de grao medio. Non é admisible despois dos investimentos para certificar como ecolóxica esta escola agora estea absolutamente infrautilizada como salientou Villares.

A homologación das instalacións para a implementar a formación e obtención de certificados de profesionalidade e en terceiro lugar a axenda anual de formación continua para o sector agrogandeiro que teña unha colaboración completa con esta escola. A finalidade é facer da escola Pedro Murias un centro de desenvolvemento rural na comarca da Mariña, estratéxico, rural e estruturante de toda a comarca. “Algo que non se está a facer polo desleixo polas autoridades da Xunta de Galicia”denunciou o voceiro de En Marea. Esta escola como subliñou permitiría cumprir coas dúas finalidades que defende En Marea como é a incorporación de xente nova ao agro por unha banda e por outra a mellora e especialización do sector.

Villares anunciou que o seu grupo presentará emendas aos orzamentos da Xunta orientada precisamente nesta liña para implantar de xeito inmediato o ciclo de técnico de produción agroecolóxica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com