María Esther Álvarez Martínez (1960, Palacios del Sil-León), tomou posesión hoxe, tralo pleno celebrado no Pazo de San Marcos, do cargo de Secretaria da Deputación de Lugo. Fíxoo acompañada dos membros da corporación, sendo a primeira muller en acceder a este posto no ente provincial. Álvarez Martínez licenciouse en Dereito no ano 1983, e no ano 1988 accedeu á administración, sendo o seu primeiro destino o municipio de Agüimes, nas Palmas de Gran Canaria. Dende o 1995 ocupou o cargo de secretaria no Concello coruñés de Arteixo, ata hoxe que tomou posesión do posto de Secretaria da Deputación.