María José Cortiñas Álvarez tomou hoxe posesión como nova directora da Residencia de Maiores da Milagrosa, que depende da Consellería de Política Social, nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
María José Cortiñas é enfermeira especialista en Enfermería Xeriátrica e ten experiencia en postos similares dado que era directora administradora da Residencia de Maiores de Burela, cargo ao que accedeu no ano 2014. Previamente tamén traballou con funcións de coordinación na Residencia de Maiores das Gándaras.