María José Nistal Díaz tomou posesión como nova xefa territorial en Lugo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.
Nistal Díaz é licenciada en Ciencias Empresariais e funcionaria de carreira. Durante os últimos tres anos ocupou o posto de xefa da área técnica do Servizo de Emerxencias da Delegación Territorial da Xunta en Lugo e anteriormente prestou servizos na Administración local, en concreto no Concello de Cervo, onde traballou durante 17 anos. Nistal sucede no cargo a Javier Arias, quen estivo ao fronte do departamento territorial de Infraestruturas e Mobilidade ata o seu nomeamento como delegado.