María José Nistal Díaz, xefa da Área Técnica de Emerxencias en Lugo

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe a primeira xuntanza con María José Nistal Díaz, que tomou posesión como xefa da área técnica do Servizo de Emerxencias da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

Nesta toma de contacto participou tamén José Manuel Rozas, xefe territorial da Consellería de Presidencia,  dministracións Públicas e Xustiza, o departamento do que depende o servizo. María José Nistal é funcionaria da Administración Local, da que procede e na que traballou durante os últimos 17 anos, en concreto, no Concello de Cervo. Dende o ano 2007 é funcionaria de carreira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com