Mariña Patrimonio apoia a creación dun museo arqueolóxico en San Cibrao

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén mantendo dende hai anos co Concello de Cervo un fluído diálogo arredor da Atalaia, e os seus restos arqueolóxicos, para tratar de encontrar a forma máis acaída de revalorizalos e preservalos.

Neste sentido, Mariña Patrimonio concorda co Concello de Cervo en que a edificación que hoxe se atopa en estrutura, e que foi recentemente adquirida polo Concello, debe ser conservada en parte, rebaixándose en altura para non provocar un impacto visual negativo na península da Atalaia.

Coinciden ambos, Concello e Mariña Patrimonio, en que esta edificación se destine a albergar un futuro museo arqueolóxico da Mariña, que contaría tamén cun depósito para acoller todos os restos arqueolóxicos procedentes da Mariña Luguesa. Tanto os que na actualidade se atopan dispersos por varios depósitos de Lugo coma os que poidan aparecer nun futuro na comarca.

Dende Mariña Patrimonio felicitan ao Concello de Cervo por apostar pola creacion deste museo arqueolóxico na Atalaia ao tempo que expresan o seu total apoio a esta iniciativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com