Mariña Patrimonio denuncia unha intervención sen permiso na fachada de Sargadelos

A asociación Mariña Patrimonio vén de denunciar perante a Consellería de Cultura e o Concello de Cervo as intervencións que se están a desenvolver no edificio circular da fábrica de Sargadelos. Neste complexo industrial, que foi declarado Ben de Interese Cultural, como monumento, no 2014, as intervencións están a transformar e desvirtuar o emblemático edificio de Sargadelos; unha obra do arquitecto Andrés Fernández – Albalat que se construíu no concello de Cervo en 1968 por encargo de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.

Segundo a información da que dispón a asociación, os traballos que se están a realizar na fachada do edificio non contan coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura nin coa necesaria licenza municipal. Por todo isto, Mariña Patrimonio considera que cómpre unha inmediata paralización das actuacións que se están realizando na fábrica de Sargadelos e ademais entende que é necesario volver ao estado orixinal a fachada deste importante ben patrimonial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com