Mariña Patrimonio está a organizar para ser difundida o vindeiro venres 31, ás 19.30 unha video-conferencia que será impartida polo coñecido arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López Gómez, quen foi, durante vinte dous anos responsable do Museo Arqueolóxico da Coruña, constrinxido no Castelo de San Antón, e outros tantos técnico de xestións cultural na Deputación da Coruña.
Segundo nos anuncia, “pasearemos pola interacción que supón a cultura, a simbiose das artes. Patrimonio ideolóxico ou inmaterial, inmoble e moble, o estado actual en relación con países que consideramos modélicos…a potenciación dos centros de recepción de visitantes. Continentes arquitetónicos que implican canto pode necesitar o visitante antes de internarse no patrimonio: servicios, gastronomía, información, merchandaise, interpretación do monumento e museo…”
Post Views: 0