Unha nova avaría na rede municipal de augas de Marqués de Ombreiro, volveu deixar aos veciños da zona sen abastecemento. Unha avaría que xa tivo lugar o pasado fin de semana, sen que o goberno local o solucionara ata o luns. Desta volva, o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, deu orden de resolver de madrugada esta eiva detectada na rede á última hora de onte.
A fuga tivo lugar ás 19:30 horas no mesmo punto no que xa o pasado sábado rompía outra tubaxe da canalización, volvendo afectar ás vivendas da marxe dereita desta vía ata a súa confluciencia con Alcalde Carlos Vázquez Pimentel e tamén á Avenida dos Deportes, segundo explicaba o edil Álvaro Santos que atribuíu a incidencia á antigüidade da rede neste punto da cidade e ao seu desgaste.
O concelleiro permaneceu na zona ata que a fuga quedou solventada, ás dúas da madrugada, para o que foi preciso, ao tratarse dun horario que excedía da xornada laboral da brigada municipal, contratar a unha empresa polo procedemento de emerxencia que asumira a reparación da incidencia.
Xan 24, 2020 - 03:11 PM
Coma debe de ser………….