A formación de esquerdas Galicia en Común presentou na tarde de onte as súas listas, nas que reforza a presenza de “perfís do municipalismo e do espazo do cambio”. Así a agrupación presentará para as vindeiras eleccións xerais, que terán lugar o 10 de novembro unha lista renovada, con perfís independientes e “vinculados ao rupturismo municipalista”.
Así, pola provincia de Lugo, únese á formación a fundadora da asociación ‘Si, hai saída’, Marta Rodríguez Engroba, ex candidata do BNG e que concorrerá con Galicia en Común como número 2 para o Senado. De número 1 para a cámara alta irá Carmen María Fernández Alarcón e, no terceiro posto da lista, Francisco Farias Hernández.
Pola súa banda, Galicia en Común conta con caras coñecidas como representantes para o Congreso. Encabeza a lista Vanessa Somoza, excandidata de ACE-EU e Podemos, séguelle na lista Begoña Pedrouzo Vázquez e, pechando a lista, contan co ex candidato á alcaldía de Lugo por Podemos, Jose Manuel ‘Josito’ Pérez Afonso e Franisco Jiménez Corpas, do Círculo Podemos Viveiro.