Marta Lois destaca en Lugo a necesidade dun novo plan agroforestal e apostar pola minería urbana

A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta, Marta Lois, estivo onte en Lugo, acompañada do cabeza de lista da provincia, José Rodríguez Añón e os números 2 e 3, Diego López e Teresa Rodríguez. Lois presentou as propostas de Sumar Galicia para un novo plan Agroforestal e a minería urbana. A candidata de Sumar Galicia expuxo en que consistirán algunhas das políticas deste novo Plan Agroforestal. “Hai que apostar pola gandería, pola agricultura e unha aposta por un novo modelo forestal.

Precisamos unha aposta pola soberanía alimentaria, de posta en valor dos nosos propios produtos para converter da necesidade de facer un modelo sostible pase por recuperar emprego e reter a poboación moza”. Ademais destas propostas, Sumar Galicia presentou o seu plan de minería urbana: Galicia recupera. A minería urbana consiste en extraer metais e minerais dos vertedoiros e non da natureza. Desta forma convertendo os refugallos en materias primas fomenta a economía circular e apoia a sostenibilidade. Para levar a cabo isto, a formación quere ampliar as actuais funcións de SOGAMA, creando un sistema galego de recollida de refugallos electrónicos descentralizado e apoiándose nos puntos limpos municipais. Pola súa parte, o cabeza de lista lucense, explicou a importancia de “ir facendo país coa xente”. “O primeiro é protexer a nosa casa, o primordial unha lei de cambio climático, de transición, porque temos que protexer o que temos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com