Marta Rouco substituirá López Izquierdo na lista do PSOE ao Congreso

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Juan José Díaz Valiño, avanzou que este luns presentará no Xulgado as candidaturas coas que concorre o PSOE na provincia ás vindeiras eleccións ao Congreso e ao Senado o 10 de novembro. Valiño remarcou que son listas realizadas “dende o compromiso e atendendo ás necesidades da provincia”.

“No Partido Socialista, o interese colectivo está por riba das cuestións persoais, e hai banquillo porque temos moitos compañeiros e compañeiras capaces e dispostos”. Valiño fixo esta valoración tras coñecer a renuncia de Sonsoles López Izquierdo, e “respectando a súa decisión, agradecemos o seu traballo en cargos institucionais desde que foi candidata en Paradela, así como a que poderá realizar nun futuro”.

A persoa que a substitúe na lista é Marta Rouco Seoane, que figuraba como primeira suplente na lista ao Congreso, e actualmente é Concelleira de Servizos Sociais e Réxime Interior en Vilalba. “Unha muller nova, preparada e con capacidade de xestión que será unha magnífica número tres tras Ana Prieto e Javier Cerqueiro”.

Na lista do Congreso dos Deputados encabeza a candidatura pola provincia, Ana Prieto, seguido de Javier Cerqueiro, Marta Rouco Seoane e Daniel Castro. E para o Senado concorren César Mogo, Pilar García Porto e José Luís Raposo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com