Martínez apurará os prazos para presentar as alegacións a súa expulsión

Manuel Martínez informou a primeira hora da mañá, que lle comunicaran dende a oficina de correos, que había un burofax para el, que segundo indicou “presuntamente se me comunica a expulsión do Grupo Socialista, inicio de expediente de expulsión e de comunicación ao pacto Antitransfuguismo”.

Martínez indicou que recollerá dito burofax esgotando o prazo legal para facelo e a partir de aí procederá, logo de saber do que se lle acusa, a facer o seu escrito de alegacións. Asemade indicou que pretende facer unha nova rolda de prensa para informar á opinión pública e quere facelo, se é posible,  na Sede do Partido en Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com