Martínez consigue catro dos cinco deputados socialistas do Partido Xudicial de Lugo

Esta tarde celebrouse nun hotel da cidade a xuntanza prevista polos socialistas do partido xudicial de Lugo para elixir aos 5 deputados que representarán na Deputación ao Psoe desta demarcación xudicial. Á votación para escoller entre as dúas listas que se presentaban, unha encabezada polo alcalde de Becerreá e Deputado Provincial en funcións, Manuel Martínez e o Secretario Xeral do Psoe na provincia e concelleiro electo por Lugo, Juan Carlos González Santín, estaban convocados os 97 concelleiros electos nas eleccións do pasado 24 de maio,

A reunión e posterior votación transcorreu de xeito cordial, e mesmo os dous candidatos fotografáronse á entrada do local onde se celebrou a xuntanza. Ao remate da mesma, na que participaron 96 concelleiros e logo do reconto de votos, o resultado foi:

A lista de Manuel Martínez acadou 59 votos e a de Juan Carlos González Santín 37 votos. Con estes resultados, correspóndelle á lista de Manuel Martínez catro deputados e a González Santín un.

Agora haberá que esperar á votación final dos seis representantes dos outros partidos xudiciais da provincia para saber quen é o candidato do Partido Socialista á Presidente da Deputación de Lugo que con toda seguridade acabará sendo Presidente da Deputación cos votos do BNG.

A lista de deputados do Partido Xudicial de Lugo son os seguintes: Manuel Martínez, Pablo Rivera Capón, Álvaro Santos, Juan Carlos González Santín e Sonsoles López Izquierdo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com