O aclalde de Becerreá e deputado non adscrito na Deputación, Manuel Martínez, culpabiliza ao ex secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, dos malos resultados obtidos polo partido este domingo, ao entender que se empeña en seguir dirixindo o partido “por detrás” e “en diferido”.
Martínez cre que a representación obtida polo PSdeG foi “un desastre anunciado”, consecuencia da “inactividade e a paralización do partido”. A este respecto, o alcalde de Becerreá cre que os presidentes das xestoras que dirixen o o partido en Lugo e a nivel galego “teñen que marchar” e “asumir responsabilidades”.
Ademais, o deputado non adscrito aproveitou ademais para cualificar o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, como “un paracaidista posto por intereses persoais” que, malia que na súa opinión houbera sido un bo presidente da Xunta, non era suficientemente coñecido pola cidadanía.